Cartaz IA

 

    ¡¡Benvidos!!

 
    Agora que se está acercando a data de Samaín deixo aquí un cartaz de esta festividade.
 
    Este está creado con Intelixencia Artificial, pero próximamente tamén publicarei outro cartaz pero feito con Canva. Para facer este, empreuei a páxina Craiyon, a cal é unha páxina para crear imaxes a partir da IA, como mencionei anteriormente. Simplemente hai que escribir palabras que describan a imaxe que queres crear, premer o botón Draw e te aparecerán varios resultados. Como a páxina é en inglés, terás que poñer as palabras neste idioma, por exemplo, no caso desta, utilicei as palabras: house, pumpkin, dark. De todos os resultados que me deu escollín este xa que quero que reprensente a tradición de Samaín, na que se poñen cabazas cunha vela dentro nas casas, para que os espíritos das personas que vivían anteriormente nesa casa a podan atopar e cear coa súa familia.
 
    Espero que vos gustase a imaxe e que vos sirva de moito esta páxina. ¡Vémonos no seguinte cartaz! 😁

Comentarios

Entradas populares